A Concellería de Educación do Concello de Ourense publicará o vindeiro luns, 9 de xuño, ás 9.00 horas na páxina web do Concello (www.ourense.gal) a listaxe provisional de nenos e nenas admitidos no programa Concilia Verán 2025.
As familias interesadas poderán consultar a dita relación e a lista de agarda, no caso de que a haxa e abrirase até o día 13 de xuño un prazo de corrección de erros. As familias admitidas poderán realizar a matrícula desde o día 16 ao 22 de xuño.
O programa Concilia Verán 2025 está dirixido a nenas e nenos da cidade, desenvolverase en 9 centros educativos, na Aula de Natureza, no Espazo Makers da Uvigo, no Centro Cívico Colón e na Escola Municipal de Música e Teatro, con diferentes propostas lúdico-educativas para a rapazada durante as súas vacacións de verán.
Toda a información, aquí: