Free Porn
xbporn
Home Ourense Luis Menor ponse a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un...

Luis Menor ponse a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de partido e de goberno para a provincia: “tendes en min ao primeiro compañeiro”

- Anuncio -

·        Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, propuxo recuperar o gabinete de asesoría xurídica “con persoas do partido de recoñecida traxectoria e valía” 

·        Formulou reactivar o Comité de Portavoces con encontros periódicos para coñecer a situación e necesidades nos concellos e ofrecer apoio mediante as máis diversas ferramentas

·        Co obxectivo de axudar á mellor preparación dos representantes públicos propón unha área de formación, tanto para as persoas que se incorporan á vida política como para os dirixentes con experiencia

O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe senllas reunións cos compromisarios das comarcas do Ribeiro e do Carballiño, onde se puxo a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de partido e de goberno para toda a cidadanía. “Tendes en min ao primeiro compañeiro”, dixo Menor, reafirmando o seu compromiso co partido e solicitando o voto dos representantes da militancia cara o 19º Congreso provincial extraordinario do PP ourensán.

No Parque Náutico de Castrelo de Miño e na sede local dos populares do Carballiño, o candidato explicou as súas propostas para dirixir o partido, entre as que destacou hoxe a necesidade de contar con órganos e liñas de funcionamento que asistan a alcaldes e portavoces.

Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, Luis Menor propuxo recuperar o gabinete de asesoría xurídica, “á fronte do cal situaranse a persoas do partido de recoñecida traxectoria e valía”.

Recoñeceu o candidato que o poder local do Partido Popular “non está acompasado cos resultados obtidos nas últimas citas electorais: autonómicas e europeas”, polo que advertiu que compre “construír unha alternativa real, efectiva e atractiva para a cidadanía cara ás eleccións municipais de maio de 2027”.

Partindo do papel fundamental que xogan os representantes do partido na oposición, Menor tamén formulou reactivar o Comité de Portavoces con encontros periódicos para coñecer a situación dos seus concellos, as súas necesidades, e ofrecer apoio mediante as máis diversas ferramentas.

Co obxectivo de axudar á mellor preparación dos representantes públicos populares propuxo crear un área de formación, tanto para aquelas persoas que se incorporan á vida política como para os dirixentes con experiencia, con temáticas a demanda segundo as necesidades que se detecten, tanto de xeito presencial como utilizando medios online para facilitar a participación.

Relacionadas

A Deputación promove a Ribeira Sacra como destino enoturístico en Italia

0
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, vén de organizar unha presentación do destino turístico da Ribeira Sacra e unha cata de viños...

Esgotadas en poucas horas as 500 sesións balnearias a 1 euro ofrecidas pola Deputación...

0
O éxito sen precedentes desta iniciativa converteu ao expositor da Deputación nun dos máis visitados e concorridos da 22ª edición de Termatalia A iniciativa posta...

O Pleno aproba a adopción de medidas de apoio a viticultores, gandeiros, traballadores da...

0
As iniciativas aprobadas hoxe teñen como obxectivo mitigar as perdas nos viñedos da Ribeira Sacra, axudar aos gandeiros con explotacións afectadas pola enfermidade hemorráxica...

A Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no...

A rúa Irmáns Villar, pechada temporalmente ao tráfico

0
Debido á caída de cascotes na vía pública, a rúa Irmáns Villar permanecerá pechada ao tráfico temporalmente por motivos de seguridade

As festas de Santa Teresita ocasionarán cortes de tráfico esta fin de semana en...

0
A programación de actividades das Festas de Santa Teresita requirirá realizar esta fin de semana cortes de tráfico en varias rúas do barrio. Levaranse...

Publicacións Relacionadas