Home Valdeorras O Barco de Valdeorras Manuel Baltar: “A valentía, a ilusión e os proxectos chegan ao Concello...

Manuel Baltar: “A valentía, a ilusión e os proxectos chegan ao Concello do Barco de Valdeorras da man de Noli Núñez e o PPdeOU”

- Anuncio -

“Realizaremos un estudo económico das potencialidades do noso concello, para desenvolver novas iniciativas que transformen, de verdade, O Barco”, avanza o candidato popular, Manuel “Noli” Núñez

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense destacou esta tarde no Teatro Lauro Olmo que “chegou o momento de deixar atrás a apatía e o conformismo que representa a xestión municipal no Barco de Valdeorras”

“Esta vila merece máis, merece distinguirse como unha vila dinámica, sobresaínte na provincia de Ourense e con visibibilidade en Galicia. Algo que hoxe en día, por desgraza, O Barco de Valdeorras non ten”, resaltou Manuel Baltar

“Os barquenses saben que o seu concello merece, e necesita, un cambio. Por iso o Partido Popular leva como candidato a Noli Núñez, unha persoa que leva este partido e este territorio moi dentro”

“Esta candidatura está disposta a actuar, dende o Concello e a Alcaldía, con ilusión, capacidade de traballo e en coordinación coa Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e, máis pronto que tarde, cun Goberno central presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”

“Chegou o momento do Barco de Valdeorras, despois dunha etapa caracterizada por un certo pasotismo e certas formas de xestionar fundamentadas polas escusas. A valentía e os proxectos chegan da man de Noli Núñez e o PPdeOU”

“O Partido Popular sempre ten no Barco de Valdeorras magníficos resultados nas eleccións xerais, nas eleccións europeas, nas eleccións autonómicas e agora este é o momento perfecto para que este concello se sume ao cambio tan necesario, e que o Partido Popular saberá devolver esta confianza cunha xestión exemplar e ambiciosa”

O Plan de Mandato 2127, explicou Manuel Baltar, pon no foco “seguir traballando as potencialidades do Barco e de toda Valdeorras, unha comarca realmente estratéxica para este goberno provincial”

NOLI NÚÑEZ: “APOSTAMOS POR UNHA XESTIÓN MUNICIPAL RIGOROSA E FIABLE PARA REACTIVAR O BARCO DE VALDEORRAS”

O candidato popular aposta por unha xestión municipal “rigorosa e fiable” para “reactivar o Barco de Valdeorras, un concello que por desgraza leva anos instalado na parálise”

“Realizaremos un estudo económico das potencialidades do noso concello, para desenvolver novas iniciativas que transformen, de verdade, O Barco”, avanzou na súa intervención no mitin desta tarde Manuel “Noli” Núñez, que tamén destacou a “revisión do PXOM”

Entre as súas iniciativas estratéxicas, o candidato popular remarca a “construción dun albergue de peregrinos no Camiño do Inverno e a potenciación da industria turística e o deporte”

“Asfaltaremos as rúas e reporemos as beirarrúas en todo o concello”, explicou Noli Núñez, que tamén incide na “potenciación do GES de Valdeorras”

“Buscaremos novas liñas de colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, para levar a cabo proxectos dinamizadores do territorio”, destacou o candidato popular no mitin celebrado no Teatro Lauro Olmo

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas