A concelleira Tamara Silva deixará Facenda tras completar a elaboración dos orzamentos para centrarse en Educación e Política Social
O concelleiro Francisco Lorenzo asumirá desde a semana próxima as competencias de Facenda
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, prepara unha remodelación do reparto de competencias nos concelleiros e as concelleiras que forman o goberno municipal, coa finalidade de optimizar a xestión no último ano do actual mandato, que remata en 2027.
O primeiro dos cambios será que a concelleira Tamara Silva, unha vez rematada con éxito a elaboración e presentación ante o Pleno dos Orzamentos do Concello (pendentes agora dunha cuestión de confianza), deixará de xestionar a área de Facenda para centrarse nas áreas de Educación e Política Social que tamén viña desenvolvendo.
O concelleiro Francisco Lorenzo asumirá desde a semana próxima as competencias de Facenda.

