O alcalde prepara unha remodelación de competencias do goberno municipal para o último ano do mandato

Redacción

A concelleira Tamara Silva deixará Facenda tras completar a elaboración dos orzamentos para centrarse en Educación e Política Social

Pérez Jácome asume provisionalmente Facenda mentres completa o novo reparto de atribucións

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, prepara unha remodelación do reparto de competencias nos concelleiros e as concelleiras que forman o goberno municipal, coa finalidade de optimizar a xestión no último ano do actual mandato, que remata en 2027.

O primeiro dos cambios será que a concelleira Tamara Silva, unha vez rematada con éxito a elaboración e presentación ante o Pleno dos Orzamentos do Concello (pendentes agora dunha cuestión de confianza), deixará de xestionar a área de Facenda para centrarse nas áreas de Educación e Política Social que tamén viña desenvolvendo.

O alcalde asumirá provisionalmente as competencias de Facenda mentres completa o deseño da remodelación do reparto de atribucións dentro do goberno local.

Comparte este artigo