O alcalde recibe un grupo de estudantes de Carmelitas, que lle presentan as súas peticións para mellorar a cidade

adminON
Lectura mínima de 2

Mozos e mozas participan nunha actividade de “Cidadanía activa”, coa que aprenden a exercer o seu dereito de petición ante os poderes públicos

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiron esta mañá no salón de plenos do Concello un grupo de 64 estudantes de Primeiro de Bacharelato do Colexio Plurilingüe Carmelitas. Acompañados polo seu profesor de Filosofía, Leopoldo Cadaya, realizan a actividade “Cidadanía activa”, na que lle trasladan ao goberno municipal as súas propostas de actuacións de mellora na cidade en diferentes ámbitos. Realizan as propostas, unha por alumno ou alumna, en exercicio do Dereito de Petición, que é a facultade que ten toda persoa de dirixirse aos poderes públicos para facerlles coñecer un feito ou un estado de cousas e reclamar a súa intervención, un instrumento de participación cidadá recoñecido pola Constitución Española e regulado a través da Lei Orgánica 4/2001.

Cada estudante presentou a súa proposta, e todas elas recibiron entrada no Concello a través do Rexistro Xeral. No acto desta mañá, dous alumnos leron as súas. O alcalde felicitou os mozos e as mozas por achegar as súas propostas, que serán todas contestadas, e destacou o grande interese das que lle expuxeron no propio acto.

Comparte este artigo