Home Deputacións Deputación Ourense O Barco de Valdeorras convértese na capital do atletismo español coa celebración...

O Barco de Valdeorras convértese na capital do atletismo español coa celebración do XIII Campionato de España de 10 quilómetros en ruta

- Anuncio -

Na presentación da proba no Pazo Provincial, o vicepresidente primeiro Rosendo Fernández puxo de relevo que esta proba “é froito do traballo organizativo da federación e o concello, a colaboración da Deputación e a implicación do club local ADAS”

“Vai ser un éxito de todos”, dixo o alcalde barquense, Alfredo García, que desvelou que xa no quedan aloxamentos libres para a data da competición, o 8 de maio.

A organización agarda a participación de 600 corredores, nas categorías absoluta e máster, que percorrerán un circuíto urbano practicamente chairo e que acollerá despois unha carreira popular

O Barco de Valdeorras converterase, o próximo 8 de maio, no epicentro do atletismo español coa celebración do XIII Campionato de España de 10 quilómetros en ruta, organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello barquense, xunto coa colaboración da Deputación, e no que se espera a participación de preto de 600 corredores. Unha proba á que seguirá unha carreira popular que discorrerá polo mesmo circuíto. O campionato foi presentado esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde do Barco e mailo concelleiro de Deportes, Alfredo García e Aurentino Alonso; e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. Na presentación tamén estivo Lalo Gómez, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo e presidente do Aurum Ourense Atletismo.

Rosendo Fernández puxo de relevo “a importancia dun evento que chega ao Barco e máxime tratándose da esencia do deporte, o atletismo, a modalidade máis antiga que se coñece”, destacando que este campionato “é froito do traballo organizativo da federación e o concello, a colaboración da Deputación e a implicación do club local ADAS”.

Alfredo García tamén subliñou a importancia da colaboración afirmando que a proba “vai ser un éxito de todos”, ao tempo que destacou que “será un fito no Barco, pois xa non quedan aloxamentos libres para esa data”. Tamén quixo agradecer Aurentino Alonso o patrocinio de entidades e empresas da comarca “que desde o primeiro momento se puxeron a disposición da organización deste evento”.

Isidoro Hornillos explicou os detalles dun campionato que se celebrará “nun lugar emblemático do atletismo galego” e que supón o regreso desta proba á comunidade, despois da celebración en Ribadavia da primeira edición (2009) e cinco anos despois (2014) en Padrón na sexta convocatoria. A organización agarda a inscrición de preto de 600 corredores que participarán nas categorías absoluta e máster, individuais e por equipos. A proba discorrerá por un circuíto urbano practicamente chairo, que tralo remate da competición acollerá unha carreira popular.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas