Con esta medida, pretende facilitar o estacionamento das persoas que acudan ás actividades festivas ou visiten o cemiterio de San Francisco
O aparcadoiro do Auditorio Municipal estará aberto ininterrompidamente esta fin de semana para prestar servizo ás numerosas persoas que durante estas datas acudirán ás actividades de celebración da Noite do Medo (31 de outubro) ou a visitar o cemiterio municipal de San Francisco, pola conmemoración dos días de Todos os Santos e Fieis Defuntos. Deste xeito, as instalacións estarán abertas permanentemente até o luns, día 3, pola tarde.