Free Porn
xbporn
Home Ourense O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación da subministración de bicicletas eléctricas, estacións e ancoraxes para o Servizo Municipal de alugueiro de bicicletas do Concello de Ourense.

O contrato de subministración de bicicletas eléctricas (licitado por importe de 1.258.702,5 €, IVE incluído) finánciase parcialmente a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos procedentes da Unión Europea – Next Generation EU, mediante subvención concedida polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable (Orde Ministerial publicada no Boletín Oficial do Estado n.º 175 do 24 de xullo de 2023) no marco da segunda convocatoria do Programa de Axudas a Municipios para a Implantación de Zonas de Baixas Emisións e a Transformación Dixital e Sustentable do Transporte Urbano, por un importe de 279.286,91 € na actuación “Implantación dun Sistema de Bicicleta Eléctrica Pública en Ourense” con código P12_L2-20220929-1 (ZBEMRR-22-00192), enmarcada no proxecto Move Ourense II aprobado pola Xunta de Goberno do Concello de Ourense o 29 de setembro de 2022.

A XGL aprobou o gasto correspondente ao contrato por un importe de 1.258.702,50 € e, así mesmo, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria.

Na mesma sesión, tamén se acordou a prórroga forzosa do contrato do seguro de responsabilidade civil/patrimonial do Concello de Ourense.

Relacionadas

Luis Álvarez Pousa, Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

0
No seu fallo, o xurado destaca a súa longa e intensa traxectoria profesional, aínda en activo, “como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos,...

O alcalde critica a “mala fe e picaresca” dos sindicatos pola convocatoria de folga...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, critica a “mala fe” dos sindicatos con representación no Concello pola convocatoria de folga para os días...

O Goberno provincial presenta unha modificación de crédito de 14,6 millóns de euros, dos...

0
O presidente provincial Luis Menor destaca que con este novo documento a Deputación alcanza “unha cifra inédita de financiamento para concellos e mancomunidades: 35...

O Concello presenta a programación do Halloween 2024, con desfiles, música, túnel e pasaxe...

0
O Concello de Ourense presenta a programación da Noite do Medo – Halloween 2024, que se desenvolverá na cidade o día 31 de outubro,...

Luis Menor: “A diagnose da provincia require dunha intensa colaboración público-privada, como entre a...

0
O presidente provincial foi o protagonista esta mañá nos “Diálogos polo futuro da economía ourensá” que organiza a Asociación de Empresarios da Construción de...

Rubén González, do restaurante “El Cafetín” de Pontevedra, gaña o III Campionato de Tapas...

0
Organizado en colaboración coa Deputación de Ourense, a través do Inorde, o certame tamén premiou aos cociñeiros Alejandro Martínez e Mar Lago de “BaceLo”...

Publicacións Relacionadas