Home Ourense O Concello de Ourense continúa cos trámites para a reparación da locomotora...

O Concello de Ourense continúa cos trámites para a reparación da locomotora 24-2072 tipo Mastodonte

- Anuncio -

Decidiuno esta mañá nunha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente

A Xunta de Goberno ordinaria aprobou 18 acordos

Esta mañá tivo lugar unha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente para validar a omisión da función interventora na contratación do servizo de reparación da locomotora 24-2072 Mastodonte situada na rúa Xesús Pousa e ordenar a continuación do procedemento.

A continuación tivo lugar a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense ordinaria que aprobou 18 acordos.

Alcaldía (1). Acordar a representación e defensa do Concello de Ourense nas reclamación xudiciais instruídas perante o Xulgado Contencioso-administrativo n.º2 de Ourense.

Avogacía consistorial (10) A Xunta de Goberno Local deu conta de 4 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo n.º1 de Ourense; 2 ditadas polo Xulgado contencioso-administrativo n.º2 de Ourense e dunha ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Tamén foi informada de que o Concello comparecerá e presentarase en calidade de demandado diante do Xulgado do Social n.º4 por un procedemento ordinario; diante do Xulgado contencioso-administrativo n.º2 por un procedemento abreviado e perante o Xulgado do Social, n.º 1 por un procedemento de Seguridade Social.

Licenzas (3). Conceder unha licenza para un proxecto básico e de execución para a instalación dun ascensor na rúa Francisco Llorens e dúas licenzas para un proxecto básico e de execución de remodelación dunha vivenda, unha na rúa Celso E. Ferreiro e outra na rúa Alejandro Outeiriño.

Aperturas (2). Conceder a licenza de obra para un proxecto básico de rehabilitación de edificio para apartamentos turísticos na rúa Arcediagos e outra para a adaptación dun local para un ximnasio, na rúa Río Bibei.

Patrimonio (2) Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa do Paseo e rectificar de oficio un acordo por erro material.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

A Deputación abre o prazo do programa provincial de Termalismo Social o 28 de...

0
A novidade no 2025 será o “Termalismo Azul”, unha modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos de benestar emocional, propiciando hábitos...

Ángeles Vázquez anima a concellos e particulares a apostar polo fermosismo coas axudas da...

0
— O Goberno galego destina 2 M€ á nova convocatoria das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, cuxo prazo de solicitude abre o...

Os Servizo de Vialidade Invernal intensifica os traballos de prevención contras as xeadas en...

0
Tralas intensas xeadas caídas esta madrugada en toda a provincia, os equipos do Servizo de Viabilidade Invernal da Deputación de Ourense estiveron a esparexer...

A Deputación apoia o labor de difusión da gastronomía ourensá no exterior liderada pola...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor os produtos da terra como “os mellores embaixadores” da provincia A Deputación reitera o seu compromiso coas...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

Publicacións Relacionadas