Home Ourense O Carballiño A Xunta pon de relevo o seu Plan de Remuda Xeracional nun...

A Xunta pon de relevo o seu Plan de Remuda Xeracional nun acto do polo de emprendemento do Carballiño a prol de novas incorporacións á IXP do Pan de Cea

- Anuncio -

― A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento ‘A remuda xeracional na IXP do Pan de Cea’, onde destacou que a través da Rede de polos estase a traballar para garantir o mantemento de negocios

― Sinalou que o Polo do Carballiño conta na actualidade con cinco proxectos dispoñibles para que persoas interesadas poidan retomalos tras deixalos os seus anteriores titulares, contactando a través da web da Rede ou citándose cos técnicos do centro


― En total, no Polo carballiñés lévanse atendido un cento de iniciativas das arredor de 300 rexistradas no conxunto da provincia de Ourense, que conta xa con catro Polos de emprendemento en funcionamento

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no evento A remuda xeracional na IXP do Pan de Cea, onde puxo de relevo o Plan implementado pola Xunta para garantir o mantemento de negocios a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta xa con 13 centros activos. No caso do Polo do Carballiño, hai cinco proxectos dispoñibles para que persoas interesadas poidan retomalos tras deixalos os seus anteriores titulares.
En concreto, quen queira facerse con algunha desas empresas alugándoa ou mercándoa pode poñerse en contacto coa Rede de polos a través da páxina web https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios. Logo, será o persoal desta Rede o que se encargará do acompañamento asesorando, axilizando e facilitando estes procesos de remuda ou de transmisión de negocios.
Celebrada en San Cristovo de Cea, a actividade de hoxe está orientada precisamente a fomentar un intercambio de impresións entre as persoas representantes da indicación xeográfica protexida (IXP) Pan de Cea e o alumnado de Formación Profesional que se está especializando no oficio. Poñendo o foco nesta actividade comercial como dinamizadora do rural, fomentarase o debate e a reflexión co obxectivo de asegurar o mantemento da marca, cunha exposición de conclusións por parte de varias mesas de traballo e cunha visita ao forno tradicional de Aboamigalla con degustación incluída.
O encontro tamén serve para dar a coñecer a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que presta asesoramento individualizado e gratuíto en calquera fase en que se atopen os proxectos empresariais, co obxectivo de xerar riqueza, dinamizar a economía e fixar poboación especialmente no rural. No conxunto da provincia de Ourense, xa se levan atendido arredor de 300 proxectos, entre os que destacan os do sector servizos, seguidos dos de hostalaría e do comercio.
No caso do Polo do Carballiño, téñense asesorado un cento de iniciativas, un 55% delas lideradas por mulleres. Ademais do centro carballiñés, na provincia ourensá están a funcionar os Polos de Verín, O Barco de Valdeorras e -desde a semansa pasada- tamén o de Baños de Molgas.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo...

0
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e...

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación...

0
Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que...

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

Publicacións Relacionadas