O Concello de Ourense despide un funcionario por reiteradas ausencias do seu posto de traballo. Así o acordou esta mañá a Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente convocada para resolver este expediente. O acordo aparta da función pública un funcionario municipal polas reiteradas ausencias do seu posto de traballo.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, convocou tamén para a semana que vén, a mesa de negociación sindical, para negociar o horario do Concello de Ourense, xa que, explica o rexedor “este grupo de goberno será tallante no seu cumprimento”.

