HomeOurenseO Concello de Ourense fai un balance altamente positivo da festividade dos...

O Concello de Ourense fai un balance altamente positivo da festividade dos Maios 2025

- Anuncio -spot_img

Destaca a excepcional calidade dos numerosos maios presentados así como a alta participación cidadá

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, fai un balance moi positivo da festividade dos Maios e sinala que “foron sen dúbida os mellores da historia tanto pola excepcional calidade artística dos maios que se presentaron ao concurso, como polo alto seguimento e participación cidadá durante toda a xornada.”

Este primeiro domingo de maio, a cidade de Ourense entregouse a unha festa que supón a exaltación da primavera e que é xa un referente en toda Galicia.

Con 61 maios participantes, a festa atraeu veciños e visitantes a contemplar as figuras que se concentraron na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia a escoitar e ler as coplas que un ano máis amosaron o seu enxeño e a súa capacidade satírica.

Destacar tamén o concerto final de Xabier Díaz acompañado das Adufeiras de Salitre que xa entrada a noite e durante dúas horas animou a un público moi entregado que desfrutou coa súa actuación e que puxo un brillante remate a unha xornada chea de tradición, arte e ledicia.

Publicacións Relacionadas