O Concello fixa os servizos mínimos dos servizos de autobuses urbanos e taxis para a folga xeral estatal do 11 de novembro

Redacción

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá os decretos que fixan os servizos mínimos e esenciais de transporte público en autobús e taxi na cidade durante a xornada de folga xeral de ámbito estatal convocada para o vindeiro mércores, día 11 de novembro.

Desde as 0.00 ata as 24.00 horas, deberán prestar o servizo polo menos un 50% das licenzas de taxi, que deberán traballar segundo o marcado no calendario de descansos aprobado. 

No caso dos autobuses urbanos, desde as 0.00 ata as 24.00 horas prestarase servizo con 1 vehículo en cada unha das liñas 1, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 13 e 16; e con 2 vehículos en cada unha das liñas 2, 3 e 4. Os traxectos deberanse realizar de forma completa e garantindo o último e o primeiro horario de cada servizo. Na categoría de condución os servizos mínimos serán do 76,19%. Para o resto de persoal da empresa concesionaria, en inspección e taller será do 100% e en administración non hai servizos mínimos por tratarse dun día festivo.

Comparte este artigo