O Concello habilita 12 novas prazas de aparcamento no barrio do Couto coa reordenación da rúa Juan de Anges

adminON
Lectura mínima de 0

O Concello de Ourense reorganizou o estacionamento de vehículos na rúa Juan de Anges, no barrio do Couto, coa finalidade de facilitar o aparcamento na zona. A intervención consistiu en cambiar a modalidade de estacionamento na beira esquerda da rúa, que pasou de ser en liña a realizarse de xeito oblicuo, o que permite gañar 12 novas prazas para residentes e visitantes do barrio.

Comparte este artigo