HomeOurenseOurenseO Concello inaugurará esta tarde a exposición Vexo Cores, con máis de...

O Concello inaugurará esta tarde a exposición Vexo Cores, con máis de 50 obras de Antonio Carrera Ramos, na Sala Valente

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense inaugurará hoxe ás 19.00 horas a exposición Vexo Cores, de Antonio Carrera Ramos, na Sala Valente, formada por máis de 50 obras de diferente tamaño (medio e gran formato) e estilos. A cor protagoniza as obras do artista, aínda que presenta tamén máis de dez plumas en branco e negro, estas en pequeno formato. A mostra reúne paisaxes urbanas, retratos, naturezas mostras, escenas cotiás…

Antonio Carrera Ramos, logo dunha etapa docente no colexio Santa Teresa de Jesús, Carmelitas, comezou coa súa vea artística. Autor dos murais do colexio, plasma nos seus óleos e plumas a súa paixón por Galicia e a súa cultura  enchendo de cor cada recuncho e tradición da nosa terra. Destacan as súas paisaxes urbanas dos barrios da nosa cidade e provincia, asi como escenas profundamente nosas: pulpeiras, oleiros, lareiras…

Desde a pandemia, dedica máis tempo a pintar e a compartir, con gran éxito, as súas pinturas en redes sociais como Instagram, onde a súa páxina “elpinceldeantoniocarrera” ten multitude de seguidores.

A exposición Vexo cores estará aberta ao público até o día 15 de xuño na Sala Valente e pódese visitar de martes a sábados, de 11.00 h a 13.30 h e de 18.30 h a 21.30 h e os domingos de 11.00 h a 13.30 h.

Publicacións Relacionadas