HomeOurenseO Concello, por acordo de todos os grupos políticos, buscará un acordo...

O Concello, por acordo de todos os grupos políticos, buscará un acordo coa Xunta para que as pozas do Muíño sexan autorizadas como zona de baño

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense recibiu unha comunicación da Xunta de Galicia que o require a prohibir o baño de xeito permanente ou recomendar á xente que non se bañe nas pozas do Muíño da Veiga. O Concello discrepa desta decisión e dirixirase á Xunta de Galicia para buscar unha solución que permita que este espazo poida seguir sendo utilizado polas moitísimas persoas, residentes e visitantes da cidade, que fan uso del.

Así o acordaron os representantes de todos os grupos municipais, nunha xunta de portavoces convocada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras recibir unha comunicación na que desde a Consellería de Sanidade se lle indica ao Concello que as pozas do Muíño non reúnen os requisitos para seren autorizadas como zona de baño a causa das características de funcionamento e da orixe da auga dos seus vasos.

Os 4 grupos políticos con representación no Concello confían que a través do diálogo institucional coa Xunta se poida atopar unha solución, que se valore a excepcionalidade deste espazo termal e as súas singularidades, e esta contorna poida continuar á disposición de veciñanza.

Publicacións Relacionadas