O Concello de Ourense informa de que mañá martes, día 14 de abril, ás 8.00 horas, procederase á apertura provisional do tráfico na rúa Pena Trevinca. A vía contará con dous carrís de circulación habilitados: un de subida e outro de baixada. O Concello continuará executando as obras de reparación das beirarrúas.

