O alcalde cualifica de “desatino” as declaracións do delegado da Xunta e asegura que a deterioración da rúa do Progreso debeuse ao tráfico, non ás festas

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cualificou esta mañá de “desatino” as declaracións realizadas polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, nas que atribuía a deterioración da rúa do Progreso, na contorna da Alameda, á celebración de actividades festivas. 

“Os 5 millóns de vehículos que pasan cada ano por ese punto son irrelevantes?”, pregúntase o rexedor, quen entende que “a vergoña auténtica é que a Xunta de Galicia levaba 6 anos sen arranxar un punto de máximo tráfico rodado na cidade, como este”.

A este respecto, o alcade subliña que “cando facemos festas nesta zona minimizamos a deterioración porque nese momento non pasan vehículos”, e chama a atención sobre o feito de que  “a Xunta de Galicia, que autoriza meter camións para un festival na pista de atletismo de Montrerrei, diga que as persoas estragan o asfalto da rúa”.

Comparte este artigo