Home Deputacións Deputación Ourense O escritor Pablo Nogueira e a ilustradora Eva Piay reciben en Cea...

O escritor Pablo Nogueira e a ilustradora Eva Piay reciben en Cea o XVIII Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración

- Anuncio -

No colexio público Virxe da Saleta, onde se celebrou o acto esta mañá, o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, afirmou que con este galardón “situamos o nome das autoras e autores contemporáneos ao carón de dúas xigantes das nosas letras”

O galardón, que convoca anualmente a Deputación de Ourense, está dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, así como recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos

O colexio público Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea acolleu esta mañá o acto de entrega do XVIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, que por decisión do xurado tivo como gañadores nesta edición aos ourensáns Pablo Nogueira, polo seu libro O clube de coleccionistas de selos, e á ilustradora Eva Piay, que coas súas láminas puxo imaxes á obra galardoada. Ademais dos premiados, o acto contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; a deputada provincial de Cultura e Producións Audiovisuais e presidenta do xurado, Patricia Torres; o alcalde de Cea, José Luis Valladares; e a xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Judith Fernández.

Rosendo Fernández destacou que este acto se celebra “dous días despois de que a Xunta de Goberno da Deputación validara a proposta de Manuel Baltar para presentar a candidatura das irmás Pura e Dora Vázquez ás Letras Galegas de 2023”. Agora, dixo, “situamos o nome das autoras e autores contemporáneos ao carón de dúas xigantes das nosas letras”. Desde a Deputación, afirmou, “temos adquirido un firme compromiso coa promoción da nosa cultura incentivando a creación, máis importante se cabe na literatura infantil e xuvenil en galego, pois contribuímos a espertar o gusto pola lectura e defender o uso do idioma que nos dá identidade”.

Patricia Torres agradeceu o labor do xurado integrado por David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrio, Isabel Mociño, e Ana Malingre como secretaria, ademais da propia deputada como presidenta. Desexou que o alumnado goce dun libro “que ademais das diferenzas tamén fala de persoas moi importantes nas nosas vidas como os avós”.

Protagonista no seu colexio

Pablo Nogueira, ovacionado no seu colexio de Cea por máis dun cento de alumnos presentes no acto, explicou que desde as páxinas do seu libro tratou de artellar unha historia “onde aspectos como a inclusión, a diversidade e diferenza cobrasen unha grande importancia”, aspecto valorados e reflectidos por Eva Piay nas súas ilustracións, “que ademais da escrita tamén nos permiten expresarnos, falar do que somos e do que pensamos”.

O galardón, que convoca anualmente a Deputación de Ourense, está dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, así como recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas.

Un mestre de audición e linguaxe e unha estudante de Belas Artes

Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, 1987) é mestre de Audición e Linguaxe no colexio de Cea. Licenciado en Psicopedagoxía pola USC, ten publicadas dúas novelas curtas para o público adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV Certame Balbino de relatos, e Música para os días de inverno (Laiovento, 2020). O clube de coleccionistas de selos inclúe “unha perspectiva inclusiva que da visibilidade á diversidade funcional entre a infancia”, destacou o xurado, salientando tamén “a posta en valor do medio natural e a necesidade do seu coidado, así coma a figura do avó e as relacións interxeracionais”.

Eva Piay Fernández (Rubiá, 1999), que se presentou ao certame co pseudónimo “Auga doce”, cursa o último ano de Belas Artes en Valencia. Compaxina os estudos co traballo como ilustradora en varias revistas e fanzines, e ten colaborado ademais con escritoras, concellos e organizacións en traballos de ilustración e cartelería. O xurado subliñou que as imaxes propostas para ilustrar o libro ofrecen “panorámicas e contextos diversos, e que representan perfectamente a idea da diversidade que ofrece a narración”.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas