No caso ao que fai referencia un promotor, “o servizo limitouse a esixir o cumprimento da licenza concedida, que foi incumprida, tal e como confirmaron os tribunais de xustiza mediante unha resolución firme”
O goberno municipal do Concello de Ourense “defende o traballo do Servizo Municipal de Urbanismo, que actúa baixo os principios de imparcialidade e rigor técnico, aplicando a normativa urbanística vixente a todos os proxectos. Lamentamos profundamente que se pretenda poñer en dúbida o labor do persoal municipal que traballa con profesionalidade e responsabilidade ao servizo do interese xeral”, manifestou esta mañá o grupo de goberno do Concello
No caso concreto ao que estes días fai referencia un promotor, “a actuación do Servizo Municipal de Urbanismo limitouse a esixir o cumprimento da licenza urbanística concedida, que foi incumprida, tal e como confirmaron os tribunais de xustiza mediante unha resolución firme. Non se trata dunha decisión discrecional, senón da aplicación dunha orde administrativa avalada xudicialmente”, subliña o goberno local.
“Como conclusión, reiteramos o compromiso do Concello cun urbanismo transparente, legal e responsable, baseado na igualdade de trato para todos os axentes implicados e no estrito respecto á legalidade vixente”, asegura o goberno municipal.