A Comisión de Pleno ditaminou favorablemente a proposta co apoio de DO, a abstención do PP e o voto en contra de PSdeG-PSOE e BNG
O goberno municipal presentará ante o Pleno o Orzamento Xeral do Concello para o ano 2026 nunha sesión extraordinaria que terá lugar este venres, 22 de maio, ás 9.00 horas, para a súa aprobación inicial. O documento está formado polas contas do propio Concello e as do seu organismo autónomo, o Consello Municipal de Deportes, xunto coas bases de execución e os anexos de persoal, e ascende a 127.800.000 euros.
A proposta foi ditaminada favorablemente na comisión de Pleno celebrada esta mañá cos votos a favor de Democracia Ourensana, a abstención do PP e o voto en contra do PSdeG-PSOE e o BNG.

