Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense O presidente da Deputación amosa o seu “orgullo” de que Ourense acolla...

O presidente da Deputación amosa o seu “orgullo” de que Ourense acolla a Xornada de Convivencia dos voluntario de Protección Civil, “a mellor de toda España”

- Anuncio -

O presidente provincial participou no acto inaugural desta VIII Xornada que reuniu en Ribadavia ao redor de 500 persoas pertencentes a 70 agrupacións de Galicia e con representación doutros puntos de España

Luis Menor lembrou que o apoio da Deputación é unha realidade que se reforzou coa “posta en marcha, por primeira vez, dunha nova liña de axudas para colaborar cos gastos de funcionamento”

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no acto inaugural da VIII Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que reuniu en Ribadavia ao redor de 500 persoas pertencentes a 70 agrupacións de Galicia.

Ademais de lembrar a época laboral na que estivo ao fronte das Emerxencias en Galicia, o presidente provincial quixo recalcar que esta xornada é “a mellor que hai en España”: tanto pola cantidade de xente que xunta e que está relacionada coas emerxencias, como pola calidade das actividades, da coordinación e dos lazos de convivencia que se fan entre os participantes.

Neste sentido, o presidente da Deputación dixo sentirse “orgullo” de que isto ocorra en Ourense e faga que esta provincia estea “extraordinariamente segura”. Este acto de apertura demostra o “poder que ten a organización para congregarnos a todos nós aquí” dando boa conta que esta Xornada está “arraigada na nosa sociedade”, dixo Luis Menor, quen comprometeu a súa “implicación persoal” para facer que esta xornada “non só se manteña, senón que se supere cada ano”.

Así mesmo, o presidente provincial dixo que esta xornada tamén permite que desde as administracións como desde a sociedade civil “se recoñeza o voso traballo e esforzo, que realizades a cambio do orgullo de axudar aos demais”. Un traballo, que como lembrou Luis Menor, é fundamental para poder acometer moitos dos operativos de emerxencias que acontecen no territorio.

Por elo, desde as administracións “debemos estar á altura dese traballo, como así o fai a Xunta, xa que a Comunidade de Galicia é a que máis colabora coas Agrupacións de Protección Civil”. E, ao fío dese compromiso das administracións, Luis Menor lembrou que o apoio da Deputación é unha realidade que se reforzou coa “posta en marcha, por primeira vez, dunha nova liña de axudas para colaborar cos gastos de funcionamento”.

A apertura das xornadas foi na Casa da Cultura de Ribadavia, onde tamén se deron cita o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; os alcaldes de Ribadavia e de Cortegada, César Fernández e Avelino Luis de Francisco, respectivamente; o director xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva; o delegado en Ourense, Manuel Pardo; e o presidente da asociación de Agrupacións de Protección Civil de Ourense, Clemente Pérez.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra supervisa as estradas provinciais ao seu paso por Ribadumia e...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de supervisar xunto co alcalde de Ribadumia, David Castro, o estado das estradas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na inauguración do Congreso Acción e Implicación de Empresarias...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá no acto de inauguración da oitava edición do congreso Acción e Implicación, de...

A Deputación afondará sobre a madeira como soporte de bens culturais na 13ª edición...

0
A cita anual de referencia organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia celebrarase...

A Deputación financia con 24.000 euros cinco proxectos de investigación da Universidade de Vigo...

0
Os recursos enmárcanse na Cátedra de Feminismos 4.0 que promoven a institución provincial xunto coa universidade. Catro dos proxectos están liderados por persoal investigador...

Luis López destaca que os 3,7 M€ investidos pola Deputación nas instalacións deportivas de...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, lembrou que a aposta provincial inclúe a inaugurada pistas de atletismo, a construción dun...

A Deputación destina máis de 73.000 euros para que 58 entidades de Vigo organicen...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez reunise coa Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral, que recibiu unha axuda de máis de 1.200 euros para realizar...

Publicacións Relacionadas