Home Ourense O Rallye de Ourense 2023 volverá contar cun tramo espectáculo na cidade

O Rallye de Ourense 2023 volverá contar cun tramo espectáculo na cidade

- Anuncio -

O alcalde participou esta mañá na presentación da edición número 56 da emblemática carreira ourensá

O Rallye de Ourense volverá contar cun tramo espectáculo urbano na cidade. Así se avanzou esta mañá no acto de presentación do 56 Rallye Ourense Recalvi, que se desenvolverá os próximos días 16 e 17 de xuño, cun percorrido de case 500 km polas carreteiras da provincia, dos que 163 serán tramos cronometrados.

O alcalde de Ourense, participou esta mañá na presentación desta emblemática cita do mundo do motor. Gonzalo Jácome destacou a tradición e prestixio da proba, que alcanza a súa edición número 56: “é tremendo que ano tras ano teña esta forza. Estamos moi orgullosos de que o Rallye se manteña, que sexa un clásico e un dos máis importantes de España. Ter un rally que está no top ten español é moi importante, e desde o Concello o apoiamos”, asegurou. O rexedor destacou o éxito que supuxo a incorporación, na edición anterior, dun tramo espectáculo urbano, e que esta iniciativa terá continuidade este 2023. O Concello, lembrou, aumentou de forma importante a súa aportación económica no evento e avanzou que para este 2023 o Rallye contará de novo co apoio municipal, por acordo de todos os grupos políticos presentes no Consello Municipal de Deportes. “Para nós é unha grande ledicia e o imos apoiar a tope, así que esperamos que sexa un auténtico éxito”, aseverou.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas