Home A Coruña De Vacas, Xosé Lois Romero & Aliboria e a charanga Santa Compaña...

De Vacas, Xosé Lois Romero & Aliboria e a charanga Santa Compaña estarán no festival ‘Música EnCaMiño’ do 15 ao 17 de maio

- Anuncio -

• Hoxe presentouse a programación e o vídeo promocional do evento nun acto ao que asistiron o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, a directora de Turismo, Nava Castro, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás.

O festival, que se realiza coa colaboración de Ou Teu Xacobeo, será inclusivo grazas ás mochilas vibratorias que repartirá o Concello e que permitirá ás persoas xordas gozar dos concertos.

• Aproveitarase a ocasión para entregar os premios dos concursos do Día das Letras Galegas e aplicarase un estrito protocolo de prevención #ante a COVID-19.

Hoxe o Concello de Miño presentou a programación e o vídeo promocional do festival ‘Música EnCaMiño’, que se celebrará do 15 ao 17 de maio, e que conta cun cartel formado por De Vacas, Xosé Lois Romero & Aliboria e a charanga ‘Santa Compaña’.

Á presentación, que levou a cabo no salón do plenos do concello, asistiu o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo; a directora de Turismo, Nava Castro; e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás.


O festival, que se realiza coa colaboración de Ou Teu Xacobeo, será totalmente inclusivo grazas ás innovadoras mochilas vibratorias que repartirá baixo demanda o Concello e que permitirá ás persoas xordas gozar dos concertos. Estes aparellos rexistran as frecuencias da música, que se converten en vibracións regulables e permiten a mobilidade do usuario polo recinto.


Programación
Os concertos, que serán gratuítos, comezarán o sábado 15 de maio ás 20 horas nas Pistas de Rabazal coa actuación de Xosé Lois Romero & o grupo local Aliboria. O domingo, 16 de maio, a charanga Santa Compaña encherá de música as rúas de Miño e, como broche de ouro, o luns 17 de maio, Día dás Letras Galegas, as Pistas de Rabazal acollerán a partir das 20 horas un concerto do coñecido grupo De Vacas

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas