Ourense presenta un sistema de videocámaras en vehículos policiais para reforzar a seguridade viaria

Redacción

A tecnoloxía combina captación de imaxes e procesamiento de información para apoiar o traballo da Policía Local e mellorar a vixilancia do tráfico

O Concello de Ourense presentou hoxe un sistema de videocámaras e procesamiento de información para a súa incorporación a vehículos da Policía Local.

A iniciativa está orientada a reforzar a seguridade viaria e dotar aos axentes de ferramentas tecnolóxicas de apoio durante os seus percorridos pola cidade.

O sistema combina cámaras instaladas nos vehículos con equipos capaces de procesar as imaxes captadas e ler matrículas. Esta tecnoloxía permitirá achegar información aos axentes durante os labores de vixilancia do tráfico e facilitar o seu traballo sobre o terreo.

O obxectivo municipal é mellorar a capacidade preventiva da Policía Local e apoiar a detección de situacións que poidan comprometer a seguridade de condutores e peóns. A incorporación destes medios exponse como unha ferramenta ao servizo dunha mobilidade máis segura e da protección de quen utiliza as vías públicas.

Durante a presentación abordáronse distintas posibilidades de instalación e cobertura das cámaras. A configuración definitiva do equipamento e o calendario de implantación concretaranse unha vez definidos os aspectos técnicos e administrativos necesarios para a súa posta en servizo.

Con esta iniciativa, o Concello avanza na modernización dos medios da Policía Local, coa seguridade viaria e a prevención como prioridades da actuación municipal.

Comparte este artigo