Home Terra de Celanova Celanova Pablo Pérez: “Celanova precisa un cambio para situarse no lugar onde merece,...

Pablo Pérez: “Celanova precisa un cambio para situarse no lugar onde merece, é a vila co maior potencial de Galicia”

- Anuncio -

● O cabeza de lista do PPdeG en Celanova o vindeiro 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdeG a súa ilusión e responsabilidade por liderar a candidatura popular no seu concello

● “Miña vida á marxe da política? Son educador social, creo que é vital axudar dende o público ás persoas máis desfavorecidas. Este é un traballo moi significativo tamén na política: os políticos temos que pisar chan, estar nos pobos e coñecer á xente”

● “Son unha persoa traballadora, enérxica e fiable. Son moi familiar, gústame estar cos meus fillos e teño a sorte de poder desfrutar dos meus avós. Estar con eles significa encherme de enerxía e tranquilidade”

● “A xente está moi receptiva ao mensaxe de cambio que lle estamos a trasladar. A partir do 28 de maio, Celanova precisa un cambio para poñerse onde merece: é a vila co maior potencial de Galicia”, remarca Pablo Pérez

● “Levamos catro anos dun goberno desleixado. Non hai un proxecto de vila. Bótase moito en falta coidar o que tiñamos e unha folla de ruta para saber cara onde imos”

● “Celanova é un concello cun potencial tremendo para captar poboación. Porque pese ao abandono do actual goberno municipal, é moi agradable vivir nela: Celanova posúe patrimonio, cultura, talento e unha posición xeográfica privilexiada”

● “Gústame a historia, o cine, a literatura -recomendo ‘Cristal’, do celanovés Alexandre Corbillón- xogar e ver fútbol: en Celanova o fútbol e o deporte están moi dentro da espírito da vila e, sen dúbida, serán parte crave da nosa acción de goberno a partir do 28 de maio”, avanza o candidato popular en Celanova

● “Fitos como a serie ‘O desorde que deixas’, gravada en Celanova da man dun celanovés como Carlos Montero, é unha ferramenta perfecta para amosar a fermosura desta vila, que destaca pola creatividade da súa xente. Terra de poetas, hoxe é punteira entre as vilas de toda España no eido creativo”

● “Que destaco de Celanova? Son tantas cousas… o noso mosteiro, que é excepcional e debemos darlle uso; Vilanova dos Infantes, un pobo fermosísimo; Castromao, Raigame ou a Ramallosa, unha festa singular tamén a potenciar”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

· O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia

· A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas