Desde Podemos Ourense queremos expresar a nosa máis firme condena polos feitos acontecidos recentemente na nosa cidade, onde varias persoas inmigrantes foron expulsadas dun autobús da empresa Monbus nun acto que consideramos absolutamente discriminatorio e inaceptable nunha sociedade democrática.
Tal e como sinalou o noso portavoz, Francisco Diegüez, “a discriminación por motivo de orixe ou raza non pode ter cabida nin no transporte público nin en ningún outro ámbito da vida social. Non imos permitir que feitos tan graves pasen sen consecuencias”.
Ante a gravidade deste suceso, Podemos Ourense xa presentou un escrito ante a Fiscalía Provincial solicitando a apertura dunha investigación para determinar se estes feitos son constitutivos dun delito de odio ou discriminación, tal e como recolle o Código Penal español.
Esiximos que se depuren responsabilidades e que a empresa Monbus e as institucións públicas garantan os dereitos de todas as persoas, con independencia da súa procedencia. A nosa cidade merece ser un exemplo de respecto, igualdade e convivencia.
Facemos un chamamento á sociedade ourensá para que actúe con firmeza fronte a calquera acto de racismo e discriminación. Non podemos calar ante este tipo de agresións.
Por unha Ourense respectuosa, igualitaria e libre de odio.