HomeOurensePodemos Ourense presenta un pronunciamento institucional para condenar a violencia contra persoas...

Podemos Ourense presenta un pronunciamento institucional para condenar a violencia contra persoas sen fogar en Ourense

- Anuncio -spot_img

Podemos Ourense rexistrou este luns un pronunciamento institucional no Concello de Ourense para que sexa debatido no vindeiro pleno municipal.

O texto condena de forma contundente as agresións e actos de acoso contra persoas sen fogar que saíron á luz recentemente, especialmente no barrio da Ponte, onde veciños e veciñas teñen denunciado unha crecente sensación de tensión social.
“O que estamos vendo nas redes sociais é inaceptable: persoas gravadas, insultadas e mesmo agredidas pola súa situación de vulnerabilidade. Non imos quedar calados ante este tipo de violencia”, declarou Fran Diéguez, Portavoz de Podemos Ourense

A proposta de pronunciamento esixe ao Concello que:

  • Rexeite publicamente calquera acto de violencia ou discurso de odio.
  • Reforce a atención social e os mecanismos de protección ás persoas sen fogar.
  • Coordine accións con entidades do terceiro sector e corpos de seguridade para frear a estigmatización.
  • Podemos Ourense espera contar co apoio de todos os grupos municipais para que este texto sexa aprobado como declaración institucional no vindeiro pleno.

Publicacións Relacionadas