Home Ourense O Carballiño Programación 25N 2024 no concello de Piñor

Programación 25N 2024 no concello de Piñor

- Anuncio -

O Concello de Piñor, como cada ano, levará a cabo unha programación de iniciativas polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Por unha banda, o domingo 24 de novembro terá lugar o espectáculo teatral “A cabaleira”, representado por Medievándalos ás 18h no Centro Cultural de Arenteiro. Valentina é unha princesa, destinada a ser a próxima Raíña. Pero para iso terá que buscar un cabaleiro que sexa Rei… ou non? Non pode ela gobernar e guerrear igual que un home? Que aventuras terá que correr para que todos saiban que ela é a mellor raíña posible? Ao longo de 40 minutos exploraranse estereotipos e roles a través do teatro, a música, pero sobre todo, do humor. Esta actividade lévase a cabo dende o Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, que ademais de traballar con familias de forma individualizada, leva a cabo actividades comunitarias destinadas a traballar obxectivos concretos do programa, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027.

A outra iniciativa municipal polo 25N consiste nun acto oficial de rexeitamento da violencia de xénero, convocando ós membros da corporación local e á poboación a asistir o 25 de novembro ás 12:00h ó Concello de Piñor para proceder á unha lectura contra esta lacra social e a posteriormente gardar un minuto de silencio en apoio ás vítimas de violencia de xénero e ás súas familias.

Dende o Concello de Piñor anímase a participar nestas iniciativas, sendo a loita contra a violencia de xénero algo que atinxe a todos e todas.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

O Concello de Ourense continúa cos trámites para a reparación da locomotora 24-2072 tipo...

0
Decidiuno esta mañá nunha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente A Xunta de Goberno ordinaria aprobou 18 acordos Esta mañá tivo lugar unha Xunta de Goberno...

Publicacións Relacionadas