Un treito do Paseo de Oira estará pechado ao tráfico desde o luns por obras de mellora dunha beirarrúa

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense iniciará nos vindeiros días a execución de obras de mellora do acabado e accesibilidade da beirarrúa norte do Paseo de Oira (a que se atopa máis próxima ao campo de fútbol). Por este motivo, a rúa estará pechada ao tráfico rodado desde o vindeiro luns, día 10 de febreiro, até o 3 de marzo, no treito que vai desde a cafetería Oira Praia até o pavillón polideportivo municipal.

O corte de tráfico afectará aos vehículos, que non poderán circular por esta rúa e deberán usar itinerarios alternativos. Porén, non impedirá o tránsito de peóns e peoas, xa que poderán circular pola beirarrúa da marxe dereita, a máis próxima ás piscinas municipais.

Comparte este artigo