A caseta de Galicia na Feira Internacional de Turismo acolleu a presentación da proposta turística do GDR Valdeorras, cun plan que acolle o territorio formado pola Veiga, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Carballeda de Valdeorras
O presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, puxo en valor “a dobre referencia a sabor e saber que aúnan o valor enogastronómico e histórico dun destino único no mundo como é Valdeorras”
O Xeodestino Trevinca-Valdeorras, formado pola Veiga, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Carballeda de Valdeorras, presentou hoxe na caseta de Galicia da Feira Internacional de Turismo, Fitur, a súa proposta turística “Terras que saben”.
A Deputación colabora co Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras, “Roteiro Milenario”, que executa o GDR Valdeorras. O plan, está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación Resiliencia a través de Fondos Next Generation-, e o Inorde é ente xestor do Xeodestino que abarca leste mesmo territorio-financiado polo Plan de Recuperación, Transformación Resiliencia a través de Fondos Next Generation-, e o Inorde é ente xestor do Xeodestino que abarca leste mesmo territorio, “polo que se trata dun exemplo de cooperación entre todas as administracións para traballar no desenvolvemento turístico dunha enocomarca que alberga hoxe una das variedades de uva máis apreciadas no Mundo: O Godello que, sen dúbida, será o protagonista deste Roteiro Milenario”, explicou na presentación Rosendo Fernández, quen sinalou que a proposta que propón Valdeorras é “unha lema moi adecuado: “Terras que Saben”, pola dobre referencia a sabor e saber que aúnan o valor enogastronómico e histórico do destino”.
Precisamente, a campaña presentada en Fitur vira ao redor da intención de representar aos viñedos e ás formas suaves e redondas da natureza local (montañas, ríos, vales…). Así mesmo, a páxina web foi renovada por completo de acorde aos atributos da nova marca optando polo dominio .travel que favorece o posicionamento en buscadores no ámbito do turismo e as viaxes: a partir de agora, poderán buscar todos os datos turísticos desta campaña en www.valdeorras.travel, dotada con contido de calidade profesional e que tamén inclúe un mapa interactivo con descrición e xeorreferenciación de cada un dos recursos e servizos turísticos do territorio dos nove concellos de Valdeorras.
Ademais, tamén se deu a coñecer o programa de experiencias ecosostenibles que se está levando a cabo por parte do Inorde con 13 emprendes locais deste territorio.