Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense anuncia a licitación das obras da sondaxe para...

A Deputación de Ourense anuncia a licitación das obras da sondaxe para a captación de augas en Caldeliñas (Verín)

- Anuncio -

Esta actuación está incluída no Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal que executa a institución provincial, froito do convenio de colaboración coa Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia

Esta sondaxe, que se perforará xunto ás antigas instalacións termais de Caldeliñas, ten por obxecto alumar augas susceptibles de ser posteriormente declaradas na condición mineiro-medicinal e termal de uso terapéutico, e aproveitamento para balneoterapia e uso lúdico

A Deputación de Ourense vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de ofertas por procedemento aberto que permitan levar a cabo as obras de sondaxe para a captación de augas subterráneas en Caldeliñas, no municipio de Verín, sendo unha das actuacións incluídas no Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” que executa este organismo provincial. Esta obra realízase co obxecto de alumar augas susceptibles de ser posteriormente declaradas na condición mineiro-medicinal de uso terapéutico, para poder recuperar un uso histórico das mesmas que no seu día deron servizo á casa de baños de Caldeliñas (dotada de declaración histórica en 1850), hoxe propiedade do Concello de Verín e sen actividade desde hai décadas.

Esta actuación, incluída no PST en “Ourense Termal”, pretende apoiar neste caso ao municipio de Verín (un dos quince municipios termais rurais incluídos no Plan), para a consecución da Declaración de Auga Minermedicinal e/o Termal. Isto facilitaría a súa posterior concesión de explotación para impulsar e atraer os investimentos necesarios para calquera desenvolvemento termal futuro, creando emprego e fixando poboación no territorio.

O importe da licitación supón un investimento de 113.218 euros, e o prazo para presentar ofertas finaliza o 12 de setembro. Unha vez adxudicado o contrato o prazo de execución da sondaxe será de cinco semanas, e a partir dese momento iniciaríanse os traballos de toma de mostras e analíticas durante 12 meses.

A efectos de evitar mesturas con outras augas que non sexan de natureza mineiro-medicinal e termal, a sondaxe deseñouse cunha cámara estanca, debidamente illada e que evite a entrada de fluxos subterráneos superficiais. Desta forma, previuse facer a perforación en dúas fases: unha primeira que alcanzará os 35 m de profundidade, na que se deixará perdida unha camisa cega de aceiro inoxidable selada e unha segunda que será a parte produtiva, interior á fase anterior, e que baixará na parte do acuífero de natureza mineiro-medicinal e termal integrado polo granito san ata os 200 metros.

O caudal que se espera alumar é de 4,00 a 5,00 l/s, mediante a perforación dun antepozo ou cámara de bombeo de 430 mm de diámetro, revestida con tubaxe de 320 mm en aceiro inoxidable ata 35,00 m de profundidade, comunicada co acuífero mineiro-medicinal profundo, cunha perforación de 311 mm, revestida con tubaxe de P.V.C. de 250 mm exterior, aproveitándose a carga do acuífero que elevará a auga mineralizada ata o antepozo ou cámara de selaxe e bombeo.

PST en “Ourense Termal”

O Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” execútase grazas a un convenio de colaboración entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense, a través do cal se investirán máis de 3 millóns de euros nos quince municipios rurais termais da provincia. Estes son os seguintes: Arnoia, Bande, Baños de Molgas, Boborás, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños, Punxín, Ribadavia e Verín.

Relacionadas

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

Luis López sinala o primeiro patrocinio da historia da Deputación a Navalia como un...

0
A alianza entre a Deputación e Navalia tradúcese na organización dunha aula de formación na que haberá conferencias e exposicións relacionadas co futuro do...

Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello do Rosal,...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 126.500 euros para a mellora de tres camiños ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres...

A Deputación analiza o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial Javier Tourís,...

Luis López presenta investimentos por un millón de euros da Deputación en Caldas de...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 400.000 euros para o saneamento de Soutelo ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en...

Rafa Domínguez presenta a “Pontevedra 4Picos”, unha proba “de mellora e superación persoal, de...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da “Pontevedra 4Picos”, unha proba non competitiva de BTT que converterá...

Publicacións Relacionadas