adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato

Era concelleiro do BNG  na corporación municipal dende o ano 2013

O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento do concelleiro Xosé Martínez Tato. Era membro da corporación municipal dende o ano 2013 formando parte do grupo municipal do BNG. As bandeiras da casa do concello ondearán mañá mércores a media asta.

Xosé Martínez Tato, de 70 ano, casado, con catro fillos e dous netos, destacou sempre polo seu compromiso e implicación en moi diversos ámbitos.

Comparte este artigo