HomeVigoMos3.000 estudantes encheron durante 2 días o Pavillón Óscar Pereiro na 4ª...

3.000 estudantes encheron durante 2 días o Pavillón Óscar Pereiro na 4ª Edición de Formamos

- Anuncio -spot_img

A feira de Educación e Formación mosense recibiu hoxe a visita do Conselleiro Román Rodríguez

Esta mañá a 4ª Edición da Feira de Emprego Formamos ´25 recibiu a visita do Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional, Román Rodríguez, que estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pola concelleira mosense de Emprego e Educación, Julia Loureiro, por Zeltia Lado Lago, Directora Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, e por Rodrigo Salgado Pombo, Director do Colexio Lar.

Durante a visita puideron facer un percorrido pola feira e coñecer a cada un dos expositores e asistir á charla de Víctor Arufe.

Sobre a IV Formamos a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declaraba que “atopámonos ante un evento referente na provincia cuxa importancia radica en poder orientar á nosa rapazada, o noso futuro, cara a mellor opción formativa en cada caso, na posta en valor do sector educativo do municipio e da comunidade autónoma, en visibilizar as fortalezas da nosa comunidade educativa, en aunar sinerxias entre colectivos: administracións e institucións, centros educativos, alumnado, profesorado e familias…; xa que entre todos sumamos esforzos para a mellor educación e formación dos nosos mozos e mozas, que son o noso futuro”.

FormaMos é un espazo de encontro, intercambio e divulgación sobre a oferta educativa. A mostra está dirixida a Formación Profesional, titulacións universitarias, capacitacións técnicas, oposicións para administración pública e outras especialidades. O seu obxectivo é ofrecer a maior información posible para o futuro formativo dos estudantes e das personas que visiten a mostra. Xa que na formación está a clave para o emprego.

Os datos máis relevantes do balance de FormaMOS 2025 son que este ano reuniu a un total de 83 expositores: 17 Universidades, 22 centros de Formación Profesional, 23 especialidades, 6 de idiomas, 8 corpos e forzas de seguridade e protección cidadá, 2 de voluntariado, 5 stands de administacións (Xunta e Concello). Logrou acadar os 3.000 visitantes, alumnos de 41 centros procedentes de 21 localidades. O que representa un importante incremento respecto ao ano pasado: duplícase o alumnado que visitou a mostra cunha suba do 50% máis en afluencia de visitantes e 10 expositores máis que en 2024.

Destacar tamén as charlas formativas deste ano. Onte tivo lugar a de Mar Romera, especialista en intelixencia emocional, e autora do modelo pedagóxico «Educar con tres Cs: Capacidades, Competencias e Corazón». E hoxe a de Víctor Arufe, Profesor da Universidade de A Coruña, Blogger e editor das revistas científicas Sportis e EDUCA International Journal. Director da Unidade de Investigación UNIDEF. Membro do Comité de Expertos de Avaliación de Proxecto de Investigación da Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. Autor de máis de 100 artigos científicos vinculados á Eduación Física e numerosos libros. Participou en numerosos proxectos de investigación e foi convidado como relator en máis de 150 congresos nacionais e internacionais. Conta co Recoñecemento á excelencia docente e investigadora da ACSUG. Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España na categoría universidade 2017, 1º Premio SIMO EDUCACIÓN á Mellor Experiencia de Gamificación 2019 e 1º Premio SIMO EDUCACIÓN á Mellor Experiencia didáctica innovadora en Educación Superior.

Ante semellante éxito de convocatoria, a alcaldesa Arévalo rematou a súa intervención “dando as gracias á miña compañeira Julia Loureiro e ao seu equipo por todo o traballo para facer realidade esta envexable macro feira durante 4 anos consecutivos. Ao Colexio LAR e en especial ao seu director Rodrigo Salgado. E á Xunta de Galicia” e incidiu en que “con Formámonos convertémonos en modelo a exportar”.

Publicacións Relacionadas