Home Vigo O Porriño A avoa do Porriño, Bienvenida Lorenzo, cumpre 102 anos

A avoa do Porriño, Bienvenida Lorenzo, cumpre 102 anos

- Anuncio -

● A veciña más lonxeva do municipio soprou as velas acompañada pola súa familia e o alcalde

A veciña máis lonxeva do Porriño, Bienvenida Lorenzo, celebra hoxe o seu 102 aniversario rodeada do agarimo da súa familia, amigos e veciños. Nacida o 13 de novembro de 1922 no municipio veciño de Mos, Bienvenida trasladouse con tan só 18 anos ao Porriño, onde viviu ata o de hoxe.

Neste día tan especial, a celebración foi dobre, xa que o seu bisneto Daniel tamén cumpre 21 anos. A familia de Bienvenida, que sempre foi o seu maior apoio, festexaron o seu aniversario acompañados polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quen non quixo perder a oportunidade de render homenaxe á avoa do Porriño.

O alcalde, quen visitou a Bienvenida no seu fogar para felicitala e expresarlle o agarimo de todos os seus veciños, entregoulle un fermoso ramo de flores como símbolo de admiración e afecto. Durante a celebración, Bienvenida compartiu un entrañable momento xunto con todos eles soprando as velas da súa torta e pedindo un desexo moi especial, que decidiu gardar no seu corazón para que se cumpra.
“Ela é auténtica memoria viva do Porriño”, apuntou Lorenzo, “Cunha saúde admirable e unha mente aguda, goza compartindo os seus recordos e a súa sabedoría todos nós, e nós o disfrutamos se cabe máis ca ela”. Nai de catro fillos, avoa de catro netos e bisavoa de oito, Bienvenida segue sendo unha fonte de inspiración para a súa familia, a quen ensinou o valor do amor, o esforzo e a dedicación ao longo da súa vida.
“Hoxe, celebramos a sorte de contar con Bienvenida, unha muller que foi testemuña dos cambios e avances que marcaron a historia do Porriño e que continúa, aos seus 102 anos, sendo un piar fundamental para todos os que a coñecen e queren”, concluíu Lorenzo, “En nome todos os veciños e veciñas do Porriño, parabéns e a seguir cumprindo!”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas