A concellería de Turismo do Concello de Baiona organiza unha visita guida para familias por Samaín

adminON
Lectura mínima de 1

Baixo o título de “A maxia do outono en Baiona” a concellería de Turismo do Concello de Baiona organiza unha visita guida para familias con nenos e nenas, idade recomendada de 5-10 anos, por Samaín.

A actividade está programada para o venres 1 de novembro ás 18:00 horas con saída desde a Oficina Municipal de Turismo. Farase un percorrido polo municipio cargado de misterio e sorpresas para o goce dos máis pequenos da familia.

A visita é gratuíta e será necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal ou chamando ao teléfono: 986 68 70 67 en horario de 9:00 horas a 15:00 horas.

Comparte este artigo