A conselleira de Emprego visita Mos para coñecer a iniciativa “Activa Emprega” de AEMOS e avanzar en materia de emprego coa alcaldesa do municipio

adminON
Lectura mínima de 4

Elena Rivó e Nidia Arévalo acudiron convidadas por AEMOS, ás Instalacións do Viveiro de Empresas PEMOS, situado no Polígono Industrial de A Veigadaña.

Este mércores a Asociación de Empresarios de Mos presentou o seu novo proxecto de compromiso social, que consiste na posta en marcha dunha Empresa de Inserción laboral, ACTIVA EMPREGA, promovida integramente por esta asociación mosense e dirixida a acoller a colectivos de difícil inserción laboral, especialmente Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, colectivo co que esta asociación ven traballando especialmente nos últimos 7 anos, coa colaboración do Concello de Mos.

Ao evento acudiron a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade Elena Rivó e a alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, acompañadas polo Secretario Xeral de Emprego Pablo López, a Secretaria Xeral de Igualdade Sandra Vázquez e ás Concelleiras de Facenda e Industria Feli Rodríguez e de Emprego Julia Loureiro.

A alcaldesa Nidia Arévalo quixo agradecer todo o traballo feito por AEMOS para a promoción da actividade económica no municipio, así como de forma particular esta nova iniciativa que pretende ofrecer novas opción laboráis a persoas que realmente o precisan.

A Conselleira Elena Rivó quixo felicitar a AEMOS por esta iniciativa “xa que una nova empresa de inserción laboral en Galicia é una moi boa nova”, “dende a Consellería traballamos para acadar una inserción laboral plena e o número cero de vítimas de violencia de xénero”.

Rivó quixo tamén reiterar o compromiso da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade para colaborar con tódalas iniciativas e empresas que AEMOS pon en marcha, máis cando se trata de ofrecer oportunidades laboráis a mulleres víctimas de violencia de Xénero.

Rematada a actividade no Polígono de A Veigadaña, Rivó e Arévalo visitaron as instalacións da Axencia de Colocación de Mos situada na Avenida de Peinador, onde mantiveron un encontro e coñeceron de primeira man a intesa actividade a prol do fomento do Emprego que se leva a cabo nestas instalación municipáis.

A alcaldesa transmitiu á Conselleira novos proxectos en materia de Emprego que o concello está perfilando para este ano 2024 como o primeiro “Foro de Emprego do Concello de Mos” ou a colaboración en programas de Emprego e formación, plans de cooperación ou obradoiros de Emprego, dos que na actualidade xá forman parte en torno a 100 alumnos.

Do mesmo xeito en materia de Igualdade, Arévalo transmitiu a Conselleira do ramo o ambicioso programa de actividades e iniciativas que o organismo municipal leva a cabo ao longo do ano no Centro de Información á Muller, así como para as conmemoracións do “Día Internacional da Muller” o 8 de Marzo, o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller” o 25 de Novembro e outras accións específicas, todas elas co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Comparte este artigo