HomeTabeirósA EstradaA constitución da brigada antiincendios da Estrada vai tarde (coma sempre)

A constitución da brigada antiincendios da Estrada vai tarde (coma sempre)

- Anuncio -spot_img

En plena vaga de incendios no noso concello, con lumes na zona de Montillón e Requián-Frades, e superado xa o ecuador do verán, con temperaturas extremas, o goberno municipal vai tarde na constitución das brigadas antiincendios do noso concello.

O 29 de xullo remataron as probas de selección, quedando convocadas para o pasado luns 4 de agosto, as persoas elixidas para os distintos postos da brigada para facer a proba de esforzo. É dicir, que a estas alturas cabe pensar que a brigada antiincendios do noso concello aínda non está constituída.

É evidente que as 12 persoas da brigada non evitarían os incendios deste fin de semana, mais si serían un reforzo para os efectivos doutras administracións.

Mais o que é alarmante é a tranquilidade con que se toma o goberno do PP a constitución deste servizo, superado xa a metade do verán. Sen embargo, non é algo novo neste goberno, é o habitual, o normal, na constitución de servizos que supoñan un benestar para os veciños e veciñas.

Cabe destacar tamén que a duración do contrato desta brigada será de 3 meses, é dicir, que estas 12 persoas estarán traballando até o mes de novembro, unha data na que o risco de incendio descende notabelmente, quedando, pola lentitude do goberno do PP, descuberto o noso concello a maior parte do verán ou da tempada de maior calor e risco de incendios. Todo un despropósito.

Por isto, desde o BNG propoñemos e instamos ao goberno do PP a que o vindeiro ano actúen con maior dilixencia na constitución da brigada, iniciando xa as probas e a selección na primavera.

Publicacións Relacionadas