A Coral Polifónica Ventos do Val, organiza unha vez máis, o seu concerto “Cultural do outono”

adminON
Lectura mínima de 3

A Coral Polifónica Ventos do Val, organiza unha vez máis, como ven facendo xa dende fai 24 anos, o seu concerto “Cultural do outono”, celebrase o sábado día 5 de outubro ás 18,30 horas, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. A entrada o concerto é libre gratuíta para todas aquelas persoas que desexan asistir.
Neste evento musical participarán, ademais da anfitriona , a Coral Polifónica Agarimo de Torneiros (O Porriño), Coral Polifónica EUMESA de Pontedeume ( A Coruña ).
Éste concerto é entendido polos membros da Coral organizadora como un Intercambio Cultural entre corais, pero tamén como un xeito de achegar a cultura na vertente do canto coral a tódolos cidadáns.
Con modestia, dende Ventos do Val auguran que”será un concerto bonito”, que arrincará aplausos emocionantes entre os amantes da música coral que o presencien.
Neste vindeiro concerto a Coral Polifónica Ventos do Val de Petelos interpretará un repertorio composto de cinco cancións , populares Galegas, Habaneras, Xotas, Boleros, e Zarzuelas.
Datos sobre Ventos do Val
A Coral Polifónica Ventos do Val, fundase en Petelos Mos no ano 2000, está composta por34 voces mixtas , trátase dunha Coral consolidada, con 24 anos de actuacións ás súas costas, e unha coral ben apuntalada, cunha base solida que se consegue, entre outros esforzos, con catro horas de ensaio semanais, as sesións son sempre vespertinas. Ó redor das 21 horas da tarde, e distribúense entre os martes e os venres.
Ventos do Val durante estes anos, levou orgullosa o nome do seu municipio natal, Mos, ó longo e ancho da xeografia autonómica, nacional, e internacional.
A filosofía da Coral Ventos do Val aflora nítida ó conversar con calquera dos seus membros. É unha agrupación sen ánimo de lucro que vive o canto coral como unha vocación, a marxen das respectivas profesión que cada un dos integrantes desempeña. Definen a música como “paz” e como algo que une e engancha, os amantes do canto coral.
Os seus obxectivos e ilusión máis inmediatos son mellorar o seu repertorio e realizar intercambios con agrupación corais tanto locais como doutros municipios que enriquezcan culturalmente a ambas partes.
En definitiva, a Coral Polifónica Ventos do Val pode presumir da súa vocación de servicio á parroquia de Petelos e ó Concello de Mos en xeral, así como dunha moi eloxiable sede de cultura musical e de ampliación de horizontes.

Comparte este artigo