Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación comeza coas obras de conservación e restauración do cruceiro das...

A Deputación comeza coas obras de conservación e restauración do cruceiro das Ruínas de San Domingos

- Anuncio -

O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, recordou que se trata “dun dos poucos cruceiros góticos existentes en Galicia, unha peza moi delicada cunha gran colonización biolóxica que, ademais do impacto estético, está a producir danos no material pétreo”

A actuación de limpeza e posta en valor do cruceiro está previsto que remate nunha semana

A Deputación de Pontevedra comezou este mesmo luns coas obras de conservación e restauración do cruceiro das Ruínas de San Domingos. Trátase, tal e como recordou o vicepresidente provincial , Rafa Domínguez, “dun dos poucos cruceiros góticos existentes en Galicia, unha peza moi delicada cunha gran colonización biolóxica que, ademais do impacto estético, está a producir danos no material pétreo”. A actuación de limpeza e posta en valor do cruceiro, cunha tramitación lenta debido á implicación de varias administracións, está previsto que remate nunha semana.

As tarefas a realizar en San Domingos consistirán nunha mínima intervención para favorecer o mantemento e a conservación preventiva. Consistirán na limpeza en seco do cruceiro e na eliminación de depósitos de aves, plantes e briófitas. A colonización biolóxica eliminarase con tratamento específico e retirarase e rebaixarase a reconstrución de cemento no pedestal. Tamén se realizará un rebaixe do terreo sobre o que se asenta o pedestal do cruceiro para deixar as súas letras talladas á vista.

Na actualidade o cruceiro presenta sucidade superficial debido a partículas exóxenas como po ou terra e contaminantes atmosféricos, así como deposicións das aves que se pousan nel para descansar. Ademais, a alta humidade ten provocado o desenvolvemento de liques, briófitas e plantas superiores que están a danar a pedra e a provocar unha alteración cromática.

O cruceiro das Ruínas de San Domingos atópase no lateral norte do xardín perimetral. Consta de cruz, capital, varal e pedestal ou dado sendo a súa cruz de estilo gótico. Orixinalmente estaba situado a carón da Igrexa de San Bartolomeu “O Vello” pero, trala súa destrución, trasladouse ao actual emprazamento.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas