Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de...

A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

- Anuncio -

A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes, e está localizada na parte traseira do edificio

A Deputación de Pontevedra pon desde hoxe a disposición dos seus traballadores e da cidadanía en xeral da cidade de Pontevedra un novo aparcamento de bicicletas situado na parte traseira do Edificio Administrativo, na contorna do Parque das Palmeiras. A nova instalación está formada por cinco aneis, que permiten asegurar de maneira simultánea un total de dez bicicletas, tanto convencionais como eléctricas, minimizando así o risco de roubo.

En concreto, trátase dun aparcabicis instalado pola empresa Setga que está conformado por cinco aneis que alcanzan os 75 centímetros de altura. Fabricados con aceiro inoxidable, os aneis destacan polo seu comportamento fronte á corrosión, polo que teñen unha gran resistencia ante a acción da climatoloxía e do paso do tempo.

Con esta nova instalación, o obxectivo do goberno provincial é promover e potenciar a mobilidade sostible e saudable, fomentando o uso da bicicleta para desprazarse pola cidade, fronte a outros medios de transporte máis contaminantes, sobre todo no caso de traxectos cortos. Responde, ademais, á crecente demanda que se está a observar nos últimos tempos por este tipo de instalacións.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas