Home Pontevedra Caldas A Deputación organiza este xoves unha xornada sobre agricultura en Caldas de...

A Deputación organiza este xoves unha xornada sobre agricultura en Caldas de Reis para os usuarios do servizo de teleasistencia

- Anuncio -

A xornada está dirixida ás máis de 70 persoas usuarias do servizo nos concellos de Barro, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga

A Deputación de Pontevedra organiza este xoves 23 de novembro en Caldas de Reis unha xornada de dinamización no marco do programa “Cidadanía Activa-Rede MaiorES” do servizo de teleasistencia domiciliaria que se desenvolve por medio dun convenio de colaboración entre a institución provincial e os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Á xornada están convocadas as máis de 70 persoas que empregan na actualidade este servizo nos concellos da contorna, concretamente en Barro, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. Terá lugar no auditorio municipal de Caldas ás 11:00 horas, cunha duración aproximada dunha hora, e xirará arredor da dinámica da agricultura.

A sesión consistirá nun coloquio sobre a terra e a agricultura como parte da identidade do pobo galego, que supuxo non só unha forma de traballo senón que servía como nexo de unión entre as aldeas e a veciñanza, achegando así unha gran riqueza cultural entre os núcleos de poboación. As persoas usuarias poderán asistir tanto soas como cunha persoa acompañante e durante a xuntanza poderán coñecerse e compartir experiencias.

O servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra chega na actualidade a un total de 641 persoas en todo o territorio da provincia. O servizo, que se vén prestando desde 1998, está destinado a persoas maiores ou discapacitadas que vivan soas ou ás persoas que estean acompañadas e teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá.

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Publicacións Relacionadas