Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación tingue o seu Pazo Provincial de azul e amarelo con...

A Deputación tingue o seu Pazo Provincial de azul e amarelo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

- Anuncio -

A institución súmase á iniciativa promovida por Down Galicia alumeando o Pazo entre este mércores e o venres

A Deputación de Pontevedra tinguirá de azul e amarelo o seu Pazo Provincial desde a noite do mércores 20 ata a mañá do venres 22 de marzo ao abeiro da conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down. Iluminarase a parte central do Pazo de amarelo e os laterais de azul para sumarse ás reivindicacións de Down Galicia, conmemorar esta data e dar visibilidade a todas as persoas que forman o colectivo.

O goberno provincial súmase así á campaña #ExtraCapacitados lanzada polas asociacións Down de España para reivindicar máis ofertas de emprego para as persoas coa síndrome de Down, xa que o 95% delas non consegue traballo. Para a Deputación é fundamental reivindicar a construción dunha sociedade máis igualitaria, máis inclusiva, na que todas as persoas, coas súas diferenzas, poidan participar activamente nos diferentes ámbitos da sociedade e teñan máis e mellores oportunidades. Por este motivo, a institución provincial aposta por recoñecer as diferenzas e o seu valor engadido e atendelas para atopar posibilidades de estar en sociedade e configurar unha vida máis xusta, plural e equitativa.

O Día Mundial da Síndrome de Down celébrase o 21 de marzo co obxectivo de fomentar o coñecemento e a comprensión entre a poboación. Trátase dunha oportunidade para realzar os dereitos das persoas que forman parte deste colectivo, garantindo a súa capacidade para vivir unha vida plena e digna, e tamén para participar como cidadáns activos nas súas comunidades e na sociedade en xeral.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas