Reunirá a un centenar de persoas de máis de 60 anos dos dous municipios
A Eurocidade Tui-Valença amplía o seu ámbito de actividades e no marco do proxecto Unicidade 2030 pon o foco tamén nas persoas maiores. Así o próximo xoves, 19 de novembro, terá lugar o I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença que reunirá a un centenar de persoas maiores de 60 anos dos dous municipios. Abordar a situación actual deste colectivo poboacional, coñecer que falta e plantexar as metas a lograr para o futuro serán os obxectivos desta xornada de convivencia que se celebrará nas instalacións da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença.
O programa previsto comezará ás 10.30 h ES coa recepción das persoas participantes. Media hora despois terá lugar a apertura institucional a cargo da vicepresidenta da Cámara de Valença, Ana Paula Xavier, e da tenente alcalde de Tui, Ana Núñez. Ás 11.20 h ES celebrarase a tertulia “O que temos, o que nos fai falla e o que podemos construír xuntos?”.
Tras unha pausa para o xantar por conta da organización a actividade retomarase ás 15.15 h ES baixo o título “Raíces que nos unen”. Proxectarase o documental “Mulleres da Raia” de Diana Gonçalves que realiza unha viaxe pola cultura, a memoria e as tradicións das comunidades dos dous lados da fronteira.
Ás 16.30 h ES presentaranse as principais ideas e propostas resultantes da participación ao longo do día no ámbito do envellecemento activo e da participación senior.
As persoas maiores de 60 anos de Tui poden inscribirse a través do enlace dispoñible na web tui.gal. O traslado até a ESCE é por conta da persoa participantes e o xantar corre a cargo da organización. O número de prazas dispoñibles para veciñanza de Tui é de 50.

