Manterá unha conversa coa xornalista especializada en deportes, Nieves Amil no Teatro Principal a partir das 11.00 horas. A entrada será de balde até completar cabida.
O libro que encargado pola Concellaría de deportes á Lela edicións que ten unha colección de biografías de persoeiras galegas, repasa os principais fitos da vida da deportista.
As persoas que se acheguen ao Principal recibirán o libro de agasallo.
O Concello de Pontevedra organiza o vindeiro sábado, 30 de decembro un encontro coa futbolista pontevedresa Teresa Abilleira con motivo da presentación do libro « Campioa, pequena biografía de Teresa Abilleira ». Será no Teatro Principal a partir das 11.00 horas e a entrada é de balde até completar cabida.
A deportista manterá unha conversa coa xornalista especializada en deportes, Nieves Amil, na que percorrerá distintos fitos da súa vida. O acto estará introducido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que asistirá á presentación.
O libro « Campioa » foi encargado polo Concello de Pontevedra á Lela edicións que ten unha colección de publicacións infantís de biografías de persoeiras galegas. A Concellaría de Deportes, que xestiona Anabel Gulías, considerou oportuno incluír a figura de Teresa Abilleira nesta colección, por iso realizou o encargo. A publicación foi ilustrada por Tania Solla e creada por Polo Correo do Vento.
No encontro con Nieves Amil, Teresa Abilleira abordará distintos fitos da súa vida, ao igual que fai a publicación xa que se trata dunha pequena biografía da futbolista pontevedresa, adaptada para o público infantil.
Todas as persoas que se acheguen ao Teatro Principal este sábado recibirán a publicación.

