HomePontevedraCampo LameiroA II Edición do Trail do Cervo de Campo Lameiro mantén aberto...

A II Edición do Trail do Cervo de Campo Lameiro mantén aberto o prazo de inscricción ata o 27 de novembro

- Anuncio -spot_img

A proba sairá o 1 de decembro desde a Praza do Concello con dous trazados, un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses.

Os A II edición do Trail do Cervo de Campo Lameiro pechará o prazo de inscrición de participantes o vindeiro mércores 27 de novembro e terá como unha das súas novidades que so poderá participar un máximo de 250 deportistas e que haberá dúas modalidades de competeción, a do Maneses, de 18 Kms. de distancia e 900 metros de desnivel acumulado e A Conla, de 34 Kms. de percorrido e 1.800 metros de desnivel.

A proba curta terá un percorrido semellante ao do ano anterior, con paseos entre carballeiras, aveleiras e bosque de ribeira. “Moito verde e moita terra para desfrutar”, segundo os organizadores.

Polo que respecta á proba longa varía con respecto á do ano anterior, e inclúe un incrible escenario á beira do Lérez, entre meandros e caídas ata o río que nos lembran ás paisaxes da coñecida e turística Ribeira Sacra.

Ámbalas dúas corren perto da inigualable arte rupestre xa coñecida na comarca e os trofeos que se entregarán aos gañadores de cada unha das modalidades, en masculino e feminino, permitirán levar aos deportistas para as súas casas unha obra de arte orixinal, unha homenaxe aos petróglifos de milleiros de anos de antigüedade.

O Trail do Cervo percorre os concellos de Campo Lameiro e de Cerdedo-Cotobade, pasando polas comunidades de montes de Armonda, A Brea, Painceiros, Parada, Caneda, Quireza, Fentáns, A Lagoa, Chacente, Praderrei, Muimenta, Castro de Orto, San Isidro e Lamosa.

O evento terá lugar o 1 de decembro, con saída desde a praza do concello de Campo Lameiro e hai que inscribirse ata o 27 de novembro na plataforma 321go.es

https://www.321go.es/Carrera/Detail/353-iitraildocervo

Publicacións Relacionadas