Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín A piques de iniciarse as obras de reforma do Pavillón da Cañota,...

A piques de iniciarse as obras de reforma do Pavillón da Cañota, no que se investirán cerca de 663.000 euros

- Anuncio -

Trátase dun proxecto vital para esta infraestrutura, que mellorará o espazo en tres dimensións: eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade. 

Realizarase ao abeiro dun convenio coa Deputación de Pontevedra, dentro do seu programa PON2030. 

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, informou esta mañá do inicio esta semana das obras de mellora do Pavillón da Cañota, unha actuación esencial para esta instalación deportiva, que permitirá actuar en tres frentes: eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade. 

O paso do tempo e o tipo de materiais que utilizaron na súa construción, típicos doutra época, non consegue o illamento e o aforro enerxético requerido para unha instalación municipal actual, por iso é preciso mellorar estes aspectos. 

A obra realizarase ao abeiro dun convenio coa institución provincial por un importe total de 662.811 euros, aportando a Deputación o 70% (463.968 euros) e o Concello o restante 30% (198.843 euros), dentro do seu programa PON2030. 

Tal e como se pode ler no proxecto, levarase a cabo un cambio de cuberta para poñela de acero galvanizado e actuarase na fachada utilizando paneis sandwichs e SATE, para mellorar a eficiencia enerxética.

Tamén se renovarán todas as baixantes e sustituiranse as actuais farolas. As ventás tamén se colocarán novas, para que conten co dobre acristalamento. Ao mesmo tempo, instalaranse 5 bombas de calor de producción de ACS para os vestiarios. 

No que respecta á accesibilidade, crearasen rampas de acceso en todas as portas, así como nas gradas e pintarase por completo o interior.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas