A Policía Local acompaña a un árbitro na saída do campo de Príncipe Felipe polas ameazas dun pai dos xogadores

adminON
Lectura mínima de 1

A Policía Local tivo que acompañar o pasado fin de semana a un árbitro na saída do campo de fútbol do  Príncipe Felipe ante o temor de que un pai dun dos xogadores o agredise. A Policía Local lembra que chegar  a este tipo de condutas, se ben non son delituosas, son absolutamente reprochables dende o punto de vista  cívico e están moi alonxadas da educación que deben recibir os máis cativos.  

Os feitos ocorreron sobre as dúas e media da tarde do sábado 2 de novembro cando se solicita a presenza  da Policía Local no campo de fútbol do Príncipe Felipe para acompañar ao árbitro na saída da instalación  polas ameazas dun espectador. 

Comparte este artigo