Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina preto de medio millón de euros ao impulso da...

A Deputación destina preto de medio millón de euros ao impulso da cultura e da lingua galega na provincia

- Anuncio -

A Xunta de Goberno aproba as bases das axudas aos festivais musicais e de artes escénicas e ás actividades de dinamización lingüística en concellos de ata 50.000 habitantes

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou en rolda de prensa da aprobación en Xunta de Goberno das bases de dúas liñas de axudas á cultura e á lingua galega que suman un total de 465.000 euros tanto para as entidades sen fins lucrativos e culturais como para os concellos da provincia. Trátase, por unha banda, das achegas ao desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas e, pola outra, da liña de apoio á realización de actividades de dinamización do noso idioma.

Luis López sinalou que as axudas aos festivais musicais e de artes escénicas na provincia están dotadas de “165.000 euros, un 10% máis que en 2023”, e suporán un apoio da Deputación a estes eventos “con especial atención á programación e difusión da música e das artes escénicas galegas”. O presidente da institución provincial lembrou que se poderán beneficiar desta liña de axudas aquelas actividades que, ademais de desenvolverse durante o ano 2024, leven como mínimo tres edicións consecutivas nos últimos catro anos.

No caso das axudas á lingua galega, poderán beneficiarse tanto concellos de menos de 50.000 habitantes como entidades culturais para que desenvolvan actividades de dinamización, cun crédito de 300.000 euros. Luis López asegurou que “o noso obxectivo é promover, fomentar e difundir as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega”, e sinalou algunhas das actividades que se poderán beneficiar das achegas: accións de fomento e uso da lingua galega a través de programas certames literarios e xornalísticos, feiras e eventos ou actividades de creación, actividades de sociolingüística e toponimia como estudos e publicacións ou xornadas, iniciativas de fomento do emprego do galego no comercio e na industria ou campañas de dinamización, entre outras. Todas elas co obxectivo de “promover unha lingua, a miña, que entre todos debemos coidar e promover”, concluíu Luis López.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas